Irmandades
Colaboramos con distintas entidades e proxectos, que igual ca nós, queren preservar e promover a música popular
ESTA (European String Teachers Association) é unha organización non gubernamental fundada en 1972, co fin de promover un alto nivel no ensino dos instrumentos de corda e permitir o intercambio de ideas entre profesores de corda e músicos de todas as disciplinas en toda Europa. Actualmente, está presente en vinte e cinco países europeos.
ESTA España, consciente da importancia da integración dos diversos xéneros musicais dentro da asociación, estableceu un convenio de colaboración coa Asociación Cultural Galicia Fiddle, que inclúe entre outras cousas, convocatorias de bolsas para os asociados de ESTA España. Estas bolsas son para o curso San Simón Fiddle, que inclúe a matrícula do curso, participación en todas as actividades, e os gastos de manutención; ou para o festival Encordass, con acceso a todos os concertos e actividades.
En colaboración coa asociación “Son dás Flores”, ofrecemos a oportunidade a persoas cun alto risco de exclusión social de participar nas actividades, talleres, masterclasses e concertos do festival. Esta colaboración busca brindar acceso inclusivo á cultura e a música, proporcionando unha experiencia enriquecedora e significativa para todos os participantes.
Son das Flores é un proxecto educativo posto en marcha polo CEIP Vicente Risco para a creación dunha orquesta para que fose unha ferramenta de transformación social na parroquia de Teis, captando a atención de Galicia Fiddle dente o primeiro momento.
Crisol de Cuerda é un encontro focalizado na música tradicional no que converxen creatividade, práctica, coñecemento e liberdade. É un espazo e un tempo para amantes da música que comparten o seu interese pola tradición e a innovación, para quen busca novas referencias e contactos para quen desexe abrirse a unha experiencia que pode ser sorprendente, inesquecible e enriquecedora.
As dúas entidades decidiron colaborar ofrecendo bolsas de intercambio para que novos músicos puidesen acudir aos seus eventos.
Como socios do proxecto , temos e tivemos entre mans varios proxectos de cooperación europea. Liderado por nós en 2019 organizamos o intercambio xuvenil “East-West Crossing Over”, financiado por Erasmus +. Tamén desenvolvemos o proxecto de “Euro Fiddle Map” co obxectivo de conseguir elaborar un mapa de tradicións violinistas europeas.
Colaboramos coa Música Portuguesa a Gostar dela Própria, para a facilitación de numerosos artistas e músicos da nosa órbita para que puidesen ser gravados e as súas músicas pasen a formar parte así da súa base de datos.
E participamos como socios en Fiddle Gateway e nun intercambio na Illa francesa de Reunión.