Galicia Fiddle Logo
  • Quen somos
    • Orixe
    • Os nosos valores
    • Qué é un fiddle
    • Un pouco de historia
  • San Simón Fiddle
    • Obradoiros
    • Profesorado
    • Un día en San Simón
    • Condicións económicas
    • Inscrición 2026
    • FAQ
    • Inicia sesión
  • Encordass
    • Edición 2026
    • Profesorado
    • Inscrición
    • Situación e instalacións
    • Outras Edicións
  • Cursos
  • Orquestra
    • Acanteira
  • Multimedia
    • Álbum de vídeos
    • Álbum de fotos
  • Asociarme
    • Por que asociarte
    • Modalidades de cota
    • Formas de pago
    • Solicitude de alta
  • Español
  • English
  • Galicia Fiddle
  • Quen somos
    • Orixe
    • Os nosos valores
    • Qué é un fiddle
    • Un pouco de historia
  • San Simón Fiddle
    • Obradoiros
    • Profesorado
    • Un día en San Simón
    • Condicións económicas
    • Inscrición 2026
    • FAQ
    • Inicia sesión
  • Encordass
    • Edición 2026
    • Profesorado
    • Inscrición
    • Situación e instalacións
    • Outras Edicións
  • Cursos
  • Orquestra
    • Acanteira
  • Multimedia
    • Álbum de vídeos
    • Álbum de fotos
  • Asociarme
    • Por que asociarte
    • Modalidades de cota
    • Formas de pago
    • Solicitude de alta
  • Español
  • English
  • Impacto

    Repercusión social

    A nosa entidade ten como obxectivo contribuír á mellora das oportunidades sociais e educativas das persoas en situación de vulnerabilidade, conflito ou indefensión, utilizando a música como ferramenta de transformación social, promovendo o acceso á cultura, a igualdade de oportunidades, a cohesión social e o benestar social.

    Na historia de Galicia Fiddle, nunca houbo unha persoa que expresase o desexo de formar parte das nosas actividades e non tivese a oportunidade de facelo realidade por motivos económicos. Outorgáronse máis de 300 bolsas co obxectivo de apoiar a nenos en situación de risco de exclusión social, garantindo que todos teñan acceso a esta enriquecedora oportunidade educativa e cultural.

    En colaboración coa ONCE, desenvolvemos un programa que brinda a oportunidade a persoas cegas de visitar a illa e gozar da experiencia do festival. Este programa presenta unha pedagoxía única que ensina a tocar instrumentos mediante o oído en lugar de ler partituras, ofrecendo unha valiosa oportunidade para este colectivo de participar activamente na música e a cultura.

    Estas iniciativas buscan promover a inclusión e a igualdade de oportunidades, garantindo que todos os nenos, independentemente das súas circunstancias, teñan acceso a experiencias enriquecedoras que contribúan ao seu desenvolvemento persoal e cultural.

    Igualdade de Xénero

    A igualdade como concepto e movemento emancipador da muller está cada vez máis presente no deseño da programación do festival cada ano. Estamos a traballar para introducir indicadores que engadir ao Plan de Acción ODS 5 cando se trata da igualdade ou a falta dela.

    Case o 70% dos participantes do curso son mulleres. Algunhas destas alumnas son parte das primeiras xeracións de estudantes do curso de San Simón que agora se converteron en violinistas profesionais. A súa presenza non só desafía as convencións de xénero arraigadas no ámbito musical, senón que tamén inspira a novas xeracións a seguir os seus pasos e a perseguir as súas paixóns sen límites impostos polo xénero. Estas violinistas agora forman parte do profesorado e voluntariado do mesmo, servindo como exemplos a seguir para as novas xeracións. A súa dedicación e habilidades musicais inspiran aos estudantes actuais, demostrando que o compromiso e o esforzo poden levar ao éxito no mundo da música.

    Impacto cultural

    Novos talentos

    Creamos ambientes que facilita a interacción entre artistas emerxentes e consolidados, fomentando a creación de lazos e conexións que son fundamentais para o desenvolvemento das súas carreiras. Moitas das figuras emerxentes que antes eran estudantes  agora convertéronse en profesionais da música, realizando así o soño de formar a próxima xeración de músicos de corda de música popular.

    Educación

    Todas as actividades de Galicia Fiddle teñen un forte enfoque na educación cultural e musical. Como a realización de masterclasses, que proporcionan un coñecemento profundo, non só en aspectos musicais, senón tamén en aspectos profesionais da industria, sendo unha plataforma invaluable para a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades para músicos de todos os niveis.

    Igualdade

    A diversidade é un piar fundamental do festival, xa que atraemos músicos de todo o mundo, incluíndo aqueles descoñecidos de comunidades remotas. A falta dun idioma oficial promove unha cultura de aceptación e inclusión, creando un ambiente onde ninguén sente excluído.

    Mocidade

    Creamos actividades que atraen a familias enteiras, onde pais e fillos poden gozar xuntos da música e a cultura. Este ambiente fomenta un interese temperán pola música e a participación activa en actividades musicais, o que axuda aos nenos para crecer inmersos na rica tradición musical española.  Inspirando á mocidade a explorar novos horizontes musicais, aprender a tocar instrumentos e apreciar a diversidade cultural desde unha idade temperá.

    Impacto local

    Demanda de Servizos Locais

    A afluencia de visitantes locais e turistas durante os evento ou actividades que xera unha maior demanda en servizos de aloxamento, restaurantes, transporte e outros negocios locais, o que impulsa a actividade económica na rexión.

    Creación de Emprego

    Cando se organiza o festival Encordass, implica a contratación de persoal temporal, provedores e servizos locais, o que contribúe á creación de emprego na rexión. Desde a loxística ata a seguridade e a alimentación, involúcranse ducias de profesionais e traballadores locais.

    Estímulo artístico local e novas conexións

    Axudamos a artistas locais a mostrar o seu talento,  fomentamos conexións e colaboracións entre músicos locais e internacionais. Isto non só enriquece o panorama artístico local, senón que tamén axuda aos artistas a expandir o seu alcance e atraer novos públicos.

    Promoción de Produtos Locais

    Tamén proporcionamos plataformas para a promoción e difusión de produtos locais, como artesanías, alimentos e bebidas rexionais. Isto beneficia aos produtores e comerciantes locais ao aumentar a visibilidade e o acceso aos seus produtos.

    Repercusión internacional

    Un dos nosos principais obxectivos é preservar e promover a música popular, evitando que caia no esquecemento. Recoñecemos que non somos os únicos nesta misión, polo que consideramos que fortalecer a conexión cultural entre os nosos países é fundamental. No últimas oito edicións do festival, tivemos a honra de contar con artistas procedentes dos seguintes países.

    Ademais disto, o equipo de Galicia Fiddle xunto cos artistas invitados, participa activamente en festivais e congresos organizados nestes países. Esta interacción non só fortalece os lazos culturais, senón que tamén fomenta unha simbiose cultural na que se comparten coñecementos, experiencias e tradicións musicais entre distintas nacións.

    Impacto ambiental

    En liña coa nosa traxectoria de utilizar produtos de limpeza e hixiene respectuosos co medio ambiente, puxemos en marcha o protocolo de sustentabilidade Ecofiddle. Estamos comprometidos coa minimización de residuos, a recollida selectiva en orixe, o control de residuos, e a implantación de boas prácticas.

    Desta forma podemos permitirnos desenlorar eventos de forma sostible, mediante a implementación de boas prácticas en todas as fases do desenvolvemento dos eventos e actividades, así como a concienciación e formación tanto a adultos como aos máis cativos para lograr unha correcta xestión ambiental. 

    Levamos 12 anos sendo toxic free; usamos produtos que conteñen ingredentes cen por cen naturais e que son respetuosos no só co noso organismo, senón tamén co medio ambiente. Ademáis estamos apoiados pola asociación Toxic Free.

    A nosa meta e concienciar a xente para que cuide o medioambiente e a sí mesma.

    Contacto
    • Síguenos en
    • Inicia sesión
    • Aviso legal-RXPD
    • Política de cookies
    • Traballa con nós
    • Español
    • English
    • Galego