A Orquestra Galicia Fiddle é un proxecto educativo
con repercusión internacional

A nosa orquestra está formada pola nosa sección xuvenil, de entre 14 e 30 anos, e o profesorado da asociación, con músicos de recoñecido prestixio dentro do panorama musical tradicional galego: Begoña Riobó, Anxo Pintos, Xosé Liz, Grupo Dagda, Teresa Santamarina, Felipe Rodicio e Alfonso Franco. En conxunto formamos un total de 35 músicos, na súa maioría violinistas, pero tamén violonchelos, guitarra acústica, percusionistas de música tradicional e voces como a de Claudia Franco.

Con influencias da música celta, o noso repertorio enriquécese cada verán na illa de San Simón, onde tivemos a oportunidade de intercambiar experiencias e melodías con músicos de Asia, México e países árabes como Siria, Marrocos ou Palestina. Co noso traballo queremos potenciar a música como unha ferramenta fantástica para a convivencia, a paz, a educación en valores, e para espertar a curiosidade, o respecto e o interese pola diversidade e a cultura de todos os pobos.

NAFCO 2018

Con motivo da celebración en Aberdeen (Escocia) da North Atlantic Fiddle Convention en xullo de 2018, 40 participantes da Orquestra Galicia Fiddle tocaron no His Majesty’ s Theatre de Aberdeen, o teatro máis grande do nordeste de Escocia, con máis de 1.400 espectadores, dos cales a maioría fóron músicos profesionais.

Proxecto Acorle

Acorle é unha produción musical producida  por Galicia Fiddle, Alfonso Franco, María Jorge e Hugo Franco. Foi grabado en Xustáns en 2018 con motivo da nosa viaxe a Aberdeen.

Galicia Fiddle Orquestra. Live at NAFCO 2018
previous arrow
next arrow
Galicia Fiddle Orquestra. Live at NAFCO 2018
Aberdeen-NAFCO-2018-Galicia-Fiddle-Orquestra
fiddle-Aberdeen
Young-people-Galicia-Fiddle-Orquestra
previous arrow
next arrow