Presentación Encordass e San Simón Fiddle 2018

 

O pasado mes de maio Alfonso Franco, Begoña Riobó e Anxo Pintos na sede de Galicia Fiddle en Vigo, onde presentaron á prensa a nova edición de Galicia Fiddle e Encordass dedicada en 2018 á Música Árabe.

A organización deste ano achegaranos músicos de relevancia internacional no panorama da música árabe tradicional, como Jennate Chemlal, cantante e violinista da zona oriental de Marrocos, representante da música andaluza; Akram Abdulfattah, violinista virtuoso palestino; Ayman Hlal, violinista sirio afincado en Berlín, director da Orquestra Oriental Nai de Austria; Samah Mustafa, referente do canto sefardí e unha das grandes estrelas da música palestina.

Esta edición tamén contará coa presenza de dous menores refuxiados sirios que residen en Vigo desde hai un ano, que se incorporarán como convidados especiais ao curso de verán de San Simón Fiddle. Por motivos alleos á organización, non poderá asistir MOHANNAD NASSER, violinista do Líbano e representante da ONG Yalla dedicada á educación musical para nenos e nenas sirios nos campos de refuxiados en Palestina. A organización Galicia Fiddle tiña previsto facilitar a súa viaxe con dous dos seus alumnos, pero finalmente a tramitación dos correspondentes visados ​​resultou sen éxito. Galicia Fiddle tamén iniciou unha relación solidaria con Yalla e non descarta tentalo de novo en vindeiras edicións.

Medios locais como Faro de Vigo, Noticias Vigo, Atlántico Diario e outros medios dixitais fixéronse eco da noticia.

Pode consultarse a noticia completa ampliando sobre a imaxen de cada medio.