Presentación San Simón Fiddle e Encordass Especial Italia

La isla de San Simón acoge este verano el X San Simón Fiddle, centrado en el intercambio de las músicas tradicionales de Galicia e Italia

O secretario xeral de Cultura da Xunta, Ángel M. Lorenzo, reuníuse con Alfonso Franco, director de Galicia Fiddle, entidade organizadora do curso para abordar os detalles da décima edición de San Simón Fiddle, que acollerá este verán a Illa de San Simón e Encordass.

Encordass Fiddle Fest celebrarase do 2 ao 5 de xullo, constituíndo un encontro entre os músicos membros da asociación cultural Galicia Fiddle e varios artistas convidados, como Rémy e Vicent Boniface, Sergio Caputo, Francesco Busso, Ilio Amisano e Marta Roma.

As actividades completaranse con obradoiros de danza impartidos por expertos de Balfolk, un movemento no que músicos e bailaríns conflúen nun espazo de celebración e intercambio musical, social e cultural. O domingo 4 de xullo, ao remate do curso, celebrarase un concerto no que participarán todo o alumnado, así como o profesorado convidado, e que se retransmitirá en liña.