San Simón Fiddle

Que é?

Un encontro de música tradicional especialmente destinado a xente nova entre os 7 e 25 anos, onde se combinan actividades musicais con outras de lecer e tempo libre.

A actividade musical diríxese fundamentalmente a promover o uso de instrumentos de corda dentro da música tradicional, co fin de descubrir outra forma de relacionarse co seu instrumento que lles permita gozar facendo música independentemente do seu nivel técnico.

Sabemos ben que é un agasallo poder celebrar o noso curso nun espazo tan fermoso e cheo de vida como a illa de San Simón. Mais tamén somos conscientes de que esta illa é moito máis ca natureza e beleza: é terra de memoria. Por iso, cada ano comezamos o camiño cunha visita guiada por Anxo Pintos, para que as nenas e nenos poidan escoitar as voces do pasado e coñecer a historia que aquí dorme, co compromiso de non deixala esmorecer no esquecemento.

A quen vai dirixido?

É recomendable ter como mínimo un ano de coñecemento do instrumento.

Poderá organizarse un grupo destinado a principiantes exclusivo para persoas socias. Neste caso, a asociación emprestará o instrumento se fose necesario.

Estableceranse catro grupos segundo niveis: iniciación, elemental, medio e avanzado. A maiores estará o grupo xuvenil, para o alumnado de entre 18 e 25 anos.

San Simón Fiddle
Próxima Edición
Illa de San Simón do 30 de xuño ao 6 de xullo 2025

Aproveitar ao máximo a capacidade de improvisación dos participantes é un dos principais obxectivos que perseguimos con este campamento de violíns, que descubrirá un novo e fantástico mundo musical descoñecido para eles ata agora.

No noso curso de verán a música transmítese de forma oral, prescindindo das partituras e agudizando a capacidade de retención musical dos nenos, que despois duns días na illa poderán aprender unha melodía en poucos minutos.

As actividades de tempo libre (coordinadas por monitores especializados) compleméntanse con actividades musicais, facendo que a aprendizaxe sexa máis entretida e amena.

Así, a nosa proposta non pretende ser exclusivamente un curso de música senón unir obxectivos fundamentais: a formación musical e humana dos seus integrantes.

Nada mellor que ver como foi para saber que é e por que debes asistir a San Simón Fiddle…

Talleres

Obradoiros de tarde

Obradoiro de músicas modernas e violíns eléctricos, Técnica Alexander (Educación postural para instrumentistas de corda) e improvisación

Tempo de lecer

Piragüismo, paseo en barco pola ría, xogos populares, deportes, baño e actividades na piscina, concertos, cea de gala con baile de disfraces, e cine ao aire libre.

Aulas de instrumento

Fiddle (varios niveis), Cello, Guitarra, e iniciación ao Fiddle (sen coñecementos previos)

Actividades musicais

Aprendizaxe de cantos populares e Iniciación á percusión tradicional: pandeireta, tarrañolas, cunchas e iniciación ao baile tradicional

Profesorado

Alfonso Franco
Profesor de Violín de la E-Trad

Mestre de violín da e-Trad. Con máis de 17 anos de experiencia no ensino especializado do violín folk. Ten impartido workshops e talleres de violín galego en Canadá, Escocia, Bretaña, Barcelona etc… Por segundo ano consecutivo foi requerido por Alasdair Fraser para impartir clases de violín no seu prestixioso “SIERRA FIDDLE”, en California. É posuidor do grado Profesional de Violín e o Curso de Posgrao da USC en música tradicional. Posúe unha grande experiencia en organización de eventos, cursos, workshops, etc.. Asiduo colaborador do North Atlantic Fiddle Convention onde presentou varias ponencias sobre o violín tradicional galego. É patrono da fundación “SondeSeu” e responsable da sección de violín da súa Orquestra.

Anxo Pintos

Músico multiinstrumentista e compositor, comezou os seus estudos musicais aos 8 anos, dacabalo do Conservatorio Superior de Música de Vigo, do seu pai Suso Pereira e do Obradoiro de Instrumentos Populares Galegos que dirixía Antón Corral, chegando a tocar a gaita, zanfona, violín, saxo soprano e frauta de pico. Formou parte dos grupos de gaitas “Alfolíes”, “Xarabal” e do Grupo Didáctico de Instrumentos Musicais Populares Galegos, foi integrante dos grupos “Matto Congrio”, “Berrogüetto” e o trío “Lizgairo”, cos que gravou varios discos. Premio da crítica de Alemaña ao mellor álbum folk (1996 e 2001), Premio ao mellor grupo folk europeo (1997), nominación aos Grammy Latinos (2002), Lizgairo (2009) e SondeSeu (2011), entre outros, ten colaborado con músicos e grupos como Milladoiro, The Chieftains, Los Piratas, Rodrigo Romaní, Susana Seivane, Uxía, entre outrous. Produtor artístico dos proxectos “Riobó” e “Rústica” con Cristina Pato, Davide Salvado e Roberto Comesaña. Como compositor en 2018 publica a Suite “San Martiño” no álbum de SonDeSeu, Beiralúa, asinou a música do espectáculo de danza Entresoños, e varias pezas instrumentais para grupos de todas as partes do mundo. Precursor dunha técnica para a aprendizaxe e interpretación na zanfona do repertorio tradicional galego, na actualidade é padrón da Fundación SondeSeu, e compatibiliza o seu labor de mestre de zanfona da e-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo) co de coordinador da sección de zanfonas de “SondeSeu”.

Begoña Riobó

Profesora de harpa céltica na E-Trad, é licenciada en Historia do Arte pola USC. Estudiou violín clásico con Natalia Soltan, harpa céltica con Rodrigo Romaní e zanfona con Anxo Pintos, participando en numerosos cursos de violín folk con Alfonso Franco, Jacky Molard, Darol Anger, Alasdair Fraser… entre outros. No ano 2000 entrou a formar parte da banda do gaiteiro Carlos Núñez, nunha etapa que a leva a pisar escenarios e festivais ao longo dos cinco continentes e tocar xunto a primeiras figuras do panorama folk como The Chieftains, Dan Ar Braz, Solas ou Sharon Shannon. É membro da orquesta folk de Galicia SondeSeu e colaborou nas xiras de artistas como: Lizgairo, Anxo Lorenzo, Susana Seivane e Xosé Manuel Budiño entre outros. Liderou dende o 2010 ata a súa disolución no 2017 o grupo Riobó co que editou dous traballos discográficos: “Riobó” (Zouma 2010) e “Quiral” (Sul 2015). Imparte cursos volcados na ensinanza do violín no campo da música tradicional destacando a participación en “Crisol de Cuerda” Fiddle Camp dirixido por Alasdair Fraser y Natalie Haas.

Felipe Rodicio

Musicólogo e licenciado en ADE. Combina a súa actividade artística coa docencia regrada. Actualmente está traballando na análise das escalas microtonais empregadas polos violinistas cegos no noroeste peninsular. Con formación clásica, é na e-Trad onde se aproxima á música tradicional. Como instrumentista forma parte de grupos como Ghaveta, “SondeSeu” e o dúo o Cego do Souto e Marta de Manueliño. Ten colaborado con grupos como Lagharteiras e Kerkennai entre outros. Coordina varias aulas de violín tradicional na contorna de Vigo e está nun constante proceso de aprendizaxe da mans de Mestres como Alfonso Franco, Alasdair Fraser, Oriol Saña…

Teresa Santamaría

Diplomada en Maxisterio, mestra de canto tradicional e técnica vocal, animadora de tempo libre por FORCEM, con estudos na e-Trad de Vigo de Canto Tradicional, Percusión e Zanfona. Traballa profesionalmente coa súa voz dende o ano 1987, cando se incorpora como actriz de dobraxe nas primeiras películas e series da TVG, profesión que sigue exercendo na actualidade. Forma parte da Orquestra SonDeSeu dende súa fundación, coa que gravou catro discos. Membro fundadora da Orquestra Folk “SondeSeu” de Vigo e do grupo de música tradicional Tanxedoras, que vén de publicar o seu segundo disco (Pai Música). Ademais de cantar, toca instrumentos variados coma pandeireta, pandeira, culleres, tamboril, tarrañolas, pandeiro…

Rosa Míguez

Formada en violín clásico no Conservatorio Superior de Redondela coa profesora Natalia Soltan, entrou en contacto coa música tradicional galega dende a súa infancia no Grupo de Danza Soutomaior e Pandeireteiras. Licenciada en Fisioterapia e máster en Musicoloxía (Música Hispánica) pola Universidade de Salamanca, desenvolveu parte da súa carreira profesional en diversos centros de reeducación funcional de Francia. Actualmente compaxina o seu labor como fisioterapeuta co grao superior de violín folk na e-Trad de Vigo co mestre Alfonso Franco, e tamén é violinista da Orquestra Folk de Galicia “SondeSeu”. Ademais, está por rematar os seus estudos de Licenciatura en Educación Primaria con mención en Música.

Hugo Franco

Comeza os seus estudos de guitarra con Xosé Liz na Escola de música Tradicional de Vigo E-Trad (2012) onde se introduce á afinación DADGAD e comeza a súa formación no Folk e a música tradicional galega. Ese mesmo ano, asiste ao Sierra Fiddle Camp (California) como alumno e entra en contacto coa música escocesa e irlandesa. Participou e colaborou con Alfonso Franco en varios proxectos por China, México, Costa Rica, tanto en workshops como en concertos. Cofundador do grupo DADGA (2015) co que participou en NAFCO 2018 Aberdeen (Escocia) presentando o seu primeiro traballo discográfico. Colaborou en distintos cursos e camps enfocados no ensino da música tradicional (Tropical Fiddle), pero tamén noutros grupos como Entre Trastes.

Claudia Abril

Técnico Superior en Dietética. Dende hai dúas edicións encárgase das dietas especiais e do control de alerxenos. Forma parte da organización do San Simón Fiddle dende a súa creación, sendo a responsable do grupo de iniciación ao violín. Foi a súa experiencia neste campamento o que a fixo comezar os seus estudos de violín folk na E-Trad de Vigo, onde actualmente cursa canto e pandeireta. Compaxina estes estudos cos do “Grado en Música” da Universidad de la Rioja (UNIR). Participou en numerosos cursos e masterclass de artistas internacionais. Paralelamente os seus estudos participa na escena folk en DADGA.

Marina Carpente

Graduada en Bioloxía e violinista de formación clásica. Comeza os seus estudos en Mayeusis, onde recibe o título profesional de música e continúa na E-Trad estudando violín folk co mestre Alfonso Franco. Integrante da Orquestra Folk “SondeSeu” e do cuarteto “DADGA”, formacións coas que participou no Celtic Connections (Glasgow, 2019) e North Atlantic Fiddle Convention (Aberdeen, 2018). Asistiu ao Barcelona Fiddle Congress (2016, 2018) recibindo aulas de Casey Driessen, Darol Anger, Oriol Saña, Martín Melendez… Tamén participou en numerosas master class con artistas internacionais e peninsulares.

María Jorge Bastos

Violinista de formación clásica, entra en contacto coa música tradicional a través deste curso de verán no que participou como alumna nas dúas primeiras edicións. Foi a súa experiencia no San Simón Fiddle o que a fixo interesarse polo mundo da música tradicional, comezando así os seus estudos de violín folk con Alfonso Franco na E-Trad de Vigo, onde rematou o grao avanzado en Xuño de 2018. Ten recibido cursos e masterclass de diversas artistas internacionais, tendo así un amplo abanico de influencias. Actualmente está a cursar o Grao Superior en Pedagoxía Xeral e da Linguaxe Musical no CSM de Vigo. Ademais, está a participar de maneira activa na escena folk formando parte de diversos proxectos como: OFG “SondeSeu”, DADGA ou Caldo.

Un día en San Simón

Mañá
8:30
Espertar - Duchas - Limpeza da habitación
9:30
Almorzo
10:00
Clase de instrumento (fiddle, cello, corda pulsada)
11:00
Clase maxistral dun mestre internacional convidado
12:00
Pausa (bocata, fruta)
12:30
Xogos de Danza / Percusión tradicional
13:30
Tempo libre - Xogos
Tarde
14:30
Xantar
15:30
Sesta - Tempo libre - Xogos
16:30
Conxunto instrumenral
17:30
Obradoiros
18:30
Merenda
19:00
Lectura
19:30
Actividades no Mar
Noite
21:00
Cea
22:00
Actividade nocturna (cine, noite de talentos, baile, concertos, etc)
23:00
Miramos as estrelas
23:30
A durmir...

Situación e instalacións

Arquipélago de San Simón (Illas de San Simón e San Antón)
Enseada de San Simón
Ría de Vigo
PONTEVEDRA

O aloxamento farase en habitacións compartidas repartidas entre os edificios Stella Maris e Seminarios.

Ademais dos edificios destinados ao aloxamento, a illa dispón de:

  • Casa da Cultura e Deportes do Mar
  • Capela
  • Vivenda do Garda
  • Cociña e comedor
  • Auditorio Multiusos
  • Centro de interpretación e documentación

Condicións Económicas

Xeral
Tarifa xeral 650€
Desconto familiar: 10% sobre o prezo por participante
Socios
Tarifa socio 500€
Desconto por 1º irmán -25%
Desconto por 2º irmán e sucesivos -50%
*Para poder beneficiarse desta tarifa, é necesario permanecer como socio polo menos durante 12 meses
Axudas

Todos os anos ofrecemos unhas bolsas para alumnado motivado e apaixoado pola música que por circunstancias económicas non poida asumir o custo do curso. Podes consultalas na nosa sección de bolsas.

Por outra banda, ofremos axudas se tes dificultades económicas para facer fronte ao custo total do curso para as que podes contactar connosco no enderezo info@galiciafiddle.com

As axudas serán de distinto tipo:
Axudas ao desprazamento
(para alumnado de fóra de Galicia)
Axudas económicas a fondo perdido
Pagos aprazados ao longo do ano
Intercambio por traballos de beneficio para a asociación