Galicia Fiddle Logo
  • Quen somos
    • Orixe
    • Os nosos valores
    • Qué é un fiddle
    • Un pouco de historia
  • San Simón Fiddle
    • Obradoiros
    • Profesorado
    • Un día en San Simón
    • Condicións económicas
    • Inscrición 2026
    • FAQ
  • Encordass
    • Info Edición 2025
    • Profesorado
    • Inscrición
    • Situación e instalacións
    • Outras Edicións
  • Cursos
  • Orquestra
    • Acanteira
  • Multimedia
    • Álbum de vídeos
    • Álbum de fotos
  • Asociarme
    • Por que asociarte
    • Modalidades de cota
    • Formas de pago
    • Solicitude de alta
  • Español
  • English
  • Galicia Fiddle
  • Quen somos
    • Orixe
    • Os nosos valores
    • Qué é un fiddle
    • Un pouco de historia
  • San Simón Fiddle
    • Obradoiros
    • Profesorado
    • Un día en San Simón
    • Condicións económicas
    • Inscrición 2026
    • FAQ
  • Encordass
    • Info Edición 2025
    • Profesorado
    • Inscrición
    • Situación e instalacións
    • Outras Edicións
  • Cursos
  • Orquestra
    • Acanteira
  • Multimedia
    • Álbum de vídeos
    • Álbum de fotos
  • Asociarme
    • Por que asociarte
    • Modalidades de cota
    • Formas de pago
    • Solicitude de alta
  • Español
  • English
  • FAQ

    Cales son as datas do SAN SIMÓN FIDDLE 2025?

    As datas do San Simón Fiddle adoitan coincidir coa primeira semana de xullo. No 2025 comezará o luns 30 de xuño e rematará cun concerto para as familias o domingo 6 de xullo.

    Como saberei que admitiron ao meu fillo/a no curso? Recibirei algún xustificante?

    Recibirás unha mensaxe por correo electrónico, unha vez  realizado o pago da reserva de 150 € ou da totalidade da matrícula.

    Como sei se quedan prazas?

    Na páxina do formulario indicaremos que non quedan prazas. Nesa situación, poderase encher o formulario pero a reserva quedará en listaxe de agarda.

    Cal é a data límite para formalizar a matrícula?

    A matrícula debe formalizarse antes do 1 de Xuño, data na que debe estar ingresado todo o importe da matrícula que corresponda.

    Cal é a política de cancelación?

    Devolverase o importe íntegro dos pagamentos realizados sempre que a cancelación, por calquera causa, se comunique antes do 1 de xuño.De producirse máis tarde só se devolverán os cartos sempre que sexa por causas xustificadas. No resto dos casos a cancelación terá un custo de 50€.

    Como podo contactar durante o San Simón Fiddle?

    Por teléfono e Whatsapp no número 652 620 005, e tamén por correo electrónico no enderezo info@galiciafiddle.com

    Grupos e organización

    Cal é a idade mínima para participar no curso?

    San Simón Fiddle está destinado a xente nova entre os 8 e 17 anos.

    Como se farán os grupos?

    Para a convivencia e o reparto de habitacións, faranse grupos por rangos de idades, mentres que para as aulas os grupos serán de libre escolla segundo a capacidade de aprendizaxe por ouvido, independentemente do nivel de estudos. Existirá a posibilidade de cambiar de grupo tras a primeira aula de xeito que poidan establecerse no grupo máis axeitado para o seu nivel de aprendizaxe auditiva.

    Cal é a ratio para a atención de menores de 10 anos?

    Cumprindo co Decreto 50/2000  haberá 1 mestra/e ou monitor/a por cada 10 participantes.

    Deberán traer instrumento?

    Si, todas e todos os participantes deben traer cadanseu instrumento. Unicamente se veñen ao grupo de Iniciación ao Fiddle, reservado exclusivamente para persoas socias, emprestaríamoslles o violín mentres dura o curso.

    Necesitase experiencia previa?

    É recomendable ter como mínimo un ano de coñecemento do instrumento, e non é tan importante o nivel técnico, así como posuír capacidade de retención musical para aprender de ouvio.

    Cando é o concerto para familias?
    • O concerto de peche para as familias celebrarase a tarde do domingo 7 de xullo. Cada participante disporá de al menos 2 prazas para que as familias poidan achegarse. Deberán pagar o barco no momento de embarque 10€ (ida e volta). 
    Necesito levar algo o día do concerto?

    Cada familia traerá a súa cea para compartir favoreciendo a interrelación nunha experiencia de convivencia, que poderán complementar coa barra de bebidas posta por Galicia Fiddle durante e despois do concerto. Á finalización cada familia deberá facerse responsable dos seus refugallos levándoos de volta no barco e depositándoos en terra nos contedores correspondentes. Aproveitamos para animarvos a empregar envases reutilizables.

    Desprazamentos, aloxamento, comidas e hixiene

    Está incluido o traslado en barco a e dende, a illa no prezo da matrícula?

    Si, por suposto. Dende a chegada ao peirao e ata que volvan a el non tedes máis de que preocuparvos. Os desprazamentos ata o lugar de embarque, iso si, corren pola vosa conta. Se vides de fóra de Galicia e o precisades podedes solicitar unha axuda ao transporte. Máis info na sección de bolsas.

    Como será o aloxamento dos grupos de idade?

    Por grupos de idade distribuiránse en liteiras e habitacións dobres entre os edificios da illa: sala multiusos, Seminarios, Escola de vela y Stella Maris. Debido á nova situación derivada do cambio de xestión da illa este ano reubicaremos as prazas conforme ao novo Plan de Autoprotección encargado por Galicia Fiddle, grazas o cal levaremos adiante esta edición co número de participantes previsto.

    Necesitarán traer roupa de cama ou produtos de hixiene persoal?
    • Si, necesitarán traer saba baixeira, funda de almofada e saco de durmir. É moi importante colocar a saba, do contrario cobrarase o servizo de limpeza da funda do colchón. 
    • Polo contrario, non deben traer produtos de hixiene persoal, xa que ao estarmos comprometidos coa protección da contorna natural da illa proporcionaremos produtos de hixiene libres de tóxicos.
    • Si que deberán traer protector solar, con etiquetado ecolabel sempre que sexa posible.
    Que outros obxectos persoais necesitarán?

    Unhas semanas antes do comezo do curso recibiredes toda a información detallada sobre a roupa, produtos para a hixiene (libres de tóxicos), así como outros obxectos que poidan necesitar.

    Está permitido o uso dos teléfonos móbiles?

    Absolutamente non. Ademais, non é necesario que os traian, xa que en calquera caso custodiaremos os teléfonos móbiles dende a chegada á illa ata a volta despois do concerto para favorecer a interacción social e a convivencia. O mércores de 16:00 a 17:00 será o día para as comunicacións familiares. Sempre poderedes falar tamén cos mestres responsables do grupo que teña asignado o menor.

    Necesitarán cartos durante a súa estadía na illa?

    Non. Na illa non hai lugares onde comprar nada.

    Como serán as comidas? Teranse en conta as dietas especiais?
    • Damos moita importancia a calidade do produto como a súa preparación. A illa dispón de cociña e nós de catro profesionais de alto nivel, así como cunha dietista certificada. Os menús prepáranse con produto fresco e de proximidade.
    • No caso de dietas, intolerancias, alerxias ou necesidades especiais debédelo indicar no apartado correspondente do formulario, e serán tidas en conta.
    • Asemade, o día da cea de gala prepárase un menú especial con gastronomía típica do país convidado. 
    Contacto
    • Síguenos en
    • Aviso legal-RXPD
    • Política de cookies
    • Traballa con nós
    • Español
    • English
    • Galego