A Fundación SIFU e Galicia Fiddle suman esforzos para crear oportunidades
A música como ferramenta de inclusión, inspiración e crecemento persoal é o punto de encontro entre dúas entidades comprometidas coa educación e a diversidade: a Fundación SIFU e a Asociación Galicia Fiddle.
Grazas ao programa SuperArte da Fundación SIFU, que promove o talento artístico de persoas con diversidade funcional, e á colaboración coa Asociación Cultural Galici
Esta bolsa permitirá a un mozo ou moza con discapacidade participar nunha experiencia transformadora nun enclave tan especial como a Illa de San Simón. Durante varios días, compartirá aprendizaxes musicais con profesionais de prestixio internacional, desenvolverá o seu potencial artístico e participará en actividades grupais que fomentan a creatividade, a inclusión e o traballo en equipo.
O curso de verán San Simón Fiddle leva máis dunha década sendo un referente na formación de novos intérpretes de violín e outros instrumentos de corda, cun enfoque aberto, colaborativo e centrado nas músicas de raíz. A incorporación das bolsas SuperArte reforza o noso compromiso coa accesibilidade e co valor da diversidade nos espazos culturais.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ata o 1 de xuño na ligazón https://becasuperarte.
Os requisitos para optar á bolsa son:
Tocar algún instrumento de corda (violín, viola, violonchelo, contrabaixo, etc.)
Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%
Con esta iniciativa, a Fundación SIFU e Galicia Fiddle apostamos por derrubar barreiras e xerar oportunidades reais de participación na vida cultural e formativa, abrindo camiños para unha nova xeración de músicos e músicas comprometidos coa sociedade.