
Son moitos os medios que deron cobertura á presentación deste traballo discográfico que recolle dezaseis temas da música tradicional galega adaptados a este instrumento e tocados por intérpretes de entre 13 e 24 anos.
Un tema de Florencio dos Vilares, icona do violín popular, abre o repertorio, que inclúe tamén versións adaptadas ao violín de xotas, alboradas, muiñeiras ou pasodobres. O álbum foi gravado nos Estudios Ancestral en Xustáns (Ponte Caldelas) con Isaac Millán, Hugo Franco e Anxo Pintos como técnicos de gravación. O proxecto conta coas colaboracións de Alfonso Franco, Anxo Pintos, Begoña Riobó e Felipe Rodicio, mestres fundadores do proxecto Galicia Fiddle, que corren cos arranxos das pezas con intérpretes de menos idade.
Deixamos ligazón a algúns das novas publicadas:
01/03/22 Galicia Diario El álbum ‘Acanteira’ lanza a la nueva generación de violinistas folk formado en la primera década de Galicia Fiddle
03/03/22 Radio Galega Diario Cultural Entrevista Alfonso Franco e María Pérez
13/03/22 Cadena Ser A vivir Galicia Entrevista Alfonso Franco e Claudia Abril
17/04/22 Radio Galega Lume na Palleira