GALICIA FIDDLE A.C. naceu coa pretensión de crear un espazo que recuperara e impulsara o uso dos instrumentos de corda na música popular en Galicia, e que complementando ao tradicional ensino da música culta, aportara unha nova perspectiva. Na nosa asociación entendemos que existe outra vía de aprendizaxe, baseada na tradición oral e cunhas metas máis accesibles, que permiten gozar dos instrumentos de corda dende os primeiros pasos e que farán que a relación co instrumento sexa para toda a vida, por pouco tempo que se teña para adicarlle ao seu estudo.

Tras varios anos de ir consolidando a idea, cunha intensa traxectoria colmada de cursos, concertos e actividades desenvoltas grazas ao entusiamo dun puñado de amantes do fiddle, chega o momento de darlle á asociación cultural GALICIA FIDDLE unha nova dimensión que lle permita seguir avanzando máis aló, con novos e ambiciosos proxectos de carácter nacional e internacional.

As cotas de socio, que dende agora establecemos, asegurarán á asociación GF unha estabilidade económica que permitirá manter o alto nivel de actividades desenvoltas ata o momento, e ser quen de afrontar o custo dos servizos dos profesionais que os fagan posible: xestoría, promotores de concertos, diseñadores gráficos, fotógrafos, cámaras e videocreadores, publicistas, etc.

As distintas modalidades de asociados nacen coa intención de procurar o máximo número de membros posible, de tal xeito que, por unha banda, o prezo das cotas non sexa un impedimento para aqueles que non as poidan asumir neste momento, e por outra, facilitar o asociacionismo dos núcleos familiares, eixe fundamental no que se asenta Galicia Fiddle.

Os descontos e beneficios que os socios acadan coa súa inscrición, foron deseñados de tal xeito que participando en varias das actividades programadas ao longo do ano, a suma destes equivalan practicamente ao custo da cota anual.

O equipo directivo quere animar a que todo aquel que queira colaborar, tanto a nivel profesional, como mediante descontos para os asociados nun determinado negocio, nolo faga saber. Deste xeito aumentaremos pouco a pouco as vantaxes de pertencer a GF e faremos máis forte a comunidade.

Faite socio e comeza a gozar das vantaxes

Información de interese para altas novas

Modalidades de cota
INDIVIDUAL 120 €/ano
Con carácter nominal e para unha soa persoa. Os menores de 18 anos que deseen adherirse a esta modalidade deberán aportar la autorización de sus padres / tutores.
FAMILIAR 180 €/ano
Modo compartido para familias.
SIMPATIZANTE 60 €/ano
MECENAS anual ou sen cota fixa
Para apoiar á nosa actividade
Axudas

DESEMPREGO:  Este tipo de modalidade terá vixencia mentres dure a situación de desemprego.

Vantaxes
Asesoramento
Compra de instrumentos
Descontos
Entre un 20% e un 25% en actividades e cursos de GF (nas modalidades Individual e Familiar)
Reserva preferente
En todas as actividades
Préstamo de instrumentos
Acceso ao préstamo de instrumentos

Formas de pago

Mensual
10 €/mes
Individual
15 €/mes
Familiar
5 €/mes
Simpatizante
Trimestral
30 €/trimestre
Individual
45 €/trimestre
Familiar
15 €/trimestre
Simpatizante
Anual
120 €/anual
Individual
180 €/anual
Familiar
60 €/anual
Simpatizante