
Brittany Haas é unha das mais prestixiosas fiddlers norteamericanas do momento. Dende os 14 anos ten feito xiras coas mais importantes artistas do eido folk de USA: Darol Anger, Bruce Molsky, Alasdair Fraser, etc. e na actualidade é fiddle do fantástico grupo de bluegrass Cooked Still. Además dunha virtuosa do fiddle, está considerada como unha grande docente e é reclamada nos mellores fiddle camp do mundo para impartir clases. Brittany toca o fiddle de 5 cordas e banjo.
O curso de Britany y estará baseado na música bluegrass e na música Apalachian. Trala exitosa experiencia vivida con Lauren Rioux no pasado mes de
Marzo, continuamos nesta ocasión con outra das mellores docentes dos fiddlecamp norteamericanos. Unha vez que tivemos acceso á técnica básica deste estilo de música, toca agora traballar sobre a improvisación en bluegrass, verdadeira especialidad de Brittany.
Xunto con Brittany virá Yann Falquet, que é un dos máis creativos e activos guitarristas do entorno Québécois. Ten desenvolvido o seu estilo persoal de guitarra folk. A sua implicación no panorama musical tradicional levouno a grabar numerosos discos, e agora é integrante de Genticorum, grupo do ano en Canada 2012. Será o responsable de impartir o curso de Guitarra Acústica.