Avoass encontro interxeracional en San Simón Fiddle
Como chegar a Meirande para embarcar cara á Illa de San Simón
O embarque cara a Illa San Simón será o mércores 2 de xullo, ás 16:30 horas dende o peirao de Meirande. Para a mellor organización deberedes estar con 15 minutos de antelación.
Avoass, un encontro interxeracional
en San Simón Fiddle
en San Simón Fiddle
Queremos contarvos que estamos traballando nun encontro interxeracional por medio da música.
AVOASS é un proxecto que quere favorecer o envellecemento activo e recoñecer o papel dos nosos maiores como transmisores da tradición oral. Un dos obxectivos, ademais do propio encontro, é recoller as cantigas máis coñecidas en varios centros de maiores para facer arranxos e gravacións e un pequeno cancioneiro que servirá despois como ferramenta para os profesionais e terapeutas.
Ademáis dos usuarios dos centros de maiores cos que estamos xa a traballar, sería estupendo que as as avoas dos participantes no San Simón Fiddle deste ano tamén se animaran a vir a cantar connosco á illa de San Simón para crear un gran coro ao que acompañaremos mestres e alumnos cos nosos instrumentos.
Terá lugar o 2 de xullo. O barco sairá dende o porto de Meirande ás 16:30h.
Para desprazarse a Meirande dende Vigo estamos organizando un autobús para evitar desprazamentos innecesarios de moitos coches.
A idea é que aprendamos cinco cancións ben coñecidas polas nosas avoas para poder tocalas xunto a elas a tarde que veñan á illa. Así que estaría moi ben que falarades coas vosas avoas e avós para animalos a participar, e xa de paso podedes dicirlles que vos ensinen as cantigas, porque seguro, seguro que as coñecen moooi ben.
Este concerto tan emotivo retransmitirémolo en directo vía streaming para que as persoas que non podan asistir por motivos de saúde, poidan contemplalo dende os seus centros de maiores ou dende as súas casas si o desexan.
Os temas a cantar son:
· O MIUDIÑO
· AI PEPIÑO ADIÓS
· NA BEIRA DO MAR
· CARMIÑA CARMELA
· CATRO VELLOS MARIÑEIROS
O prazo límite para reservar a praza é o 10 de xuño (unicamente avós e avoas con netos /netas inscritas en San Simón Fiddle).
A partir de ese día ofreceremos as prazas ás persoas maiores da bisbarra de Vigo que queiran participar.
No caso de que sexa imprescindible a levar un acompañante indicadelo no formulario para poder dispoñer de cadeiras de rodas en caso de que a necesitaran para desprazarse pola illa.